Novos Poliedros 2022. IES de Meaño
O traballo coordinouno a profesora Aránzazu Diñeiro López
Para o Concurso de Novos Poliedros presentamos as figuras creadas en cartulinas e coas impresoras 3D. Por agora só enviamos estas imaxes e tamén a explicación do traballo feito xunto co nome dos participantes.
- Read more about Novos Poliedros 2022. IES de Meaño
- Log in to post comments
Novos poliedros 2022. IES Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña
Coma no ano pasado O IES de Zalaeta abraia co seu traballo. En principio só a metade! Parabéns Paz, Rapaces e Rapazas e IES
Poliedro - Beltrán Louzao Fernández-IES Menéndez Pidal Zalaeta.pdf
Novos poliedros 2022. CPI Dr López Suárez de Friol
Conferencia sobre Ángeles Alvariño en Lugo o día 1 de decembro de 2022
O día 1 de decembro de 2022, ás 12 horas convocamos aos centros educativos que o desexen a acudir á Conferencia sobre Ángeles Alvariño, titulada: “Ángeles Alvariño, a vontade de facer ciencia de calidade en condicións difíciles” impartida polo Doutor Xosé Fraga, autor, precisamente, da biografía de Ángeles Alvariño no Album da Ciencia.
Como o aforo está limitado a 160 persoas podes inscribir unha clase túa para asistir aquí mesmo. Alumnos preferiblemente de Bacharelato. Cando se cubran as prazas pecharemos a inscrición.
Gañadores do XIII Concurso Galego de Robótica e Drons día a día
Videoconferencias do Mes da Ciencia en Galego 2022
Despois do éxito das Videoconferencias promovidas por Igaciencia polo Mes da Ciencia en Galego 2020 e 2021, que superaron cada ano os 8000 espectadores, dos centros educativos e público en xeral, estamos obrigados a repetir o esforzo no 2022, cunha serie de videoconferencias dirixidas aos centros educativos galegos, especialmente aos de secundaria.