Arte e Ciencia

Visitas escolares e talleres da exposición Converxencias Arte e Ciencia

Enviado por admin o Sáb, 12/01/2018 - 10:35

Ábrese o prazo de inscrición do 10 ao 21 de decembro para as visitas escolares e talleres da exposición Converxencias Arte e Ciencia, que desenvolverase no centro Ágora do 21 ao 25 de xaneiro de 2019 para o alumnado e profesorado de ESO, bacharelato e FP, e 5º e 6º de educación primaria.

 

Etiquetas

Inauguración da Exposición Converxencias Arte e Ciencia

Enviado por admin o Sáb, 01/13/2018 - 16:32

O día 12 de xaneiro, no Centro Cultural Ágora, inaugurouse a Exposición Converxencias Arte e Ciencia qu funcionará do día 15 ao 19 de xaneiro. Participaron na Inaguración os patrocinadores a Concelleira de Servicios Sociais de Coruña, Silvia Cameán, O Secretaro Xeral de Política Lingüística, Valentín García e a Organizadora e comisaria da exposición, Inés Ben

Inauguración

Etiquetas

Converxencias Arte e Ciencia en xaneiro no Ágora en Coruña

Enviado por admin o Ven, 11/03/2017 - 16:32

Inscribete aquí

Xa describimos as primeiras ideas de en que vai consistir Converxencias Arte e Ciencia en xaneiro no Ágora en Coruña Se queredes saber máis, ver fotos e comentarios das edicións anteriores podedes mirar estas páxinas

Inscribiremos primeiro do 15 de novembro ao 30 de novembro aos centros educativos do Concello de A Coruña e a continuación (e ata o 15 de decembro) admitiremos a calquera centro que estea interesado, de quedar algunha praza sen cubrir.

Etiquetas

Arte e Ciencia en Ourense. Inscrición

Enviado por admin o Xov, 09/17/2015 - 16:32

Á hora de cubrir o formulario de inscrición pregamos que os centros da capital, sempre que lles sexa posible,  reserven o primeiro ou o último tramo horario da mañá, de maneira que se facilite a asistencia aos que teñen que trasladarse desde outras localidades. Lembrade que os grupos deben ter un máximo de 30 alumnos e alumnas.

Etiquetas

Exposición Arte e Ciencia en Ourense

Enviado por admin o Xov, 09/17/2015 - 16:32

O obxectivo fundamental da exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia e a arte. Para explorar esa interacción selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo, iniciando a viaxe na arte castrexa e rematándoa con obras de arte dixital 3D entre as que figuran as seleccionadas para ser expostas en congresos internacionais. 

Na exposición prima a compoñente didáctica e divulgativa e está composta por:

Etiquetas