Ciencia en Galego
Gañadores e gañadoras dos concursos do IV Día da Ciencia en Galego
Os premios entregaranse no salón de actos da Deputación de Lugo, o día 4 de novembro, día da Ciencia en Galego, ás 12 horas, antes da conferencia do presidente da Real Academia Galega, D.Xesús Alonso Montero.
Premiados/as
Do IES Xoan Montes, a alumna Yesica Fernández Ramos de 1º de BAC, Presentado polo departamento de deseño: 1 premio
Carmen, profesora de Física e Química no CPI Fonte Díaz de Touro, presenta tres traballos das súas alumnas:
O presidente da Real Academia Galega dará a conferencia central das actividades do día da Ciencia en galego
O día 4 de novembro, día da Ciencia en Galego, D. Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega dará unha conferencia no Salón de Actos da Deputación de Lugo, ás 12 h.. A conferencia ten de título: Primeiras manifestacións científicas formuladas en lingua galega., Convídanse a todos os centros de Lugo a asistir a dita conferencia. Para asegurar que non se sobrepase a cabida do salón (164 prazas) solicitade a inscrición a secretaria@igaciencia.org. Neste momento imos en 100 prazas ocupadas.
Concursos
Prazo límite: ata o día 30 de outubro. Podedes participar nos concursos que a continuación se expoñen.
Os premios consisten en libros "Máis contos de animais", I e II, de Edicións Xerais, algúns libros máis e outros agasallos da delegación de Cultura da Deputación de Lugo, e publicación dos gañadores na web!
1) Construír unha dome ou cúpula xeodésica con materiais de diverso tipo. Damos as instruccións para facelas nos arquivos que se xuntan. 3 premios
- Read more about Concursos
- Log in to post comments
Fotos do obradoiro de cúpulas xeodésicas
Obradoiro o día 2 de outubro na sala de exposicións da Deputación (3 fotos)
- Read more about Fotos do obradoiro de cúpulas xeodésicas
- Log in to post comments
Alonso Montero, o presidente da RAG, transmite ás novas -e novísimas- xeracións Ciencia en Galego
Unhas cento vinte persoas, entre elas, alumnado do IES Änxel Fole, IES Leiras Pulpeiro e IES Lucus Augusti asistiron á entrega de premios do IV Día da Ciencia en Galego e á con
Igaciencia promove e sostén o día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego
O día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego celebrarase o día 5 de novembro de 2012, apoiado por variass organizacións, entre elas IGACIENCIA, que fai o cartel. Para saber se unha organización é convocante ou non, abonda con con mirar na súa páxina web.
Máis información en http://www.cienciaengalego.org
O día 16 de outubro todos os centros deberían facer actividades coa bicicleta (a ver si as elecións teñen un resultado distinto por unha vez).
