Ciencia en Galego
Entrega de premios de Novos Poliedros
Podemos falar e facer moitas disquisicións sobre Simetría, Beleza, a súa relación e a súa implicación en moitas Ciencias e Artes, pero un resumo rápido é que entramos na Academia de Platón, sabemos Xeometría... Parabéns aos gañadores!!!
- Read more about Entrega de premios de Novos Poliedros
- Log in to post comments
Novos Poliedros
Imos testar a capacidade do galego para dar nomes universais coma poliedros, por exemplo. Sabemos xa que podemos nomear cada poliedro coñecido e dicilo perfectamente en galego. O galego pode cos poliedros. Pero o que nunca fixemos é inventar novos poliedros, e darlles nome galego. Un novo paso de nivel para o galego.
Actividades de Igaciencia no segundo semestre de 2021
Celebrando a -parcial, de momento- remisión da pandemia, adiantamos as nosas actividades previstas para o segundo semestre do ano 2021:
Organizadas coa colaboración da Concellería de Educación do Concello da Coruña:
A canle de Youtube de Igaciencia
Está aquí
http://www.youtube.com/igaciencia1 ou https://www.youtube.com/igaciencia1/videos
Todas as videoconferencias e vídeos da ciencia en galego están ou estarán aquí
Subscríbete!
- Read more about A canle de Youtube de Igaciencia
- Log in to post comments
Apúntate ás videoconferencias do Mes da Ciencia en Galego
Convidamos os centros educativos a participar nas seguintes videoconferencias que despois de celebradas poderán ser vistas na canle
de Igaciencia http://www.youtube.com/igaciencia1
Sonia Villapol Salgado desde Houston (Texas). Só a ciencia nos rescatará da pandemia. Día 16 de novembro de 12:45 a 14 h, para alumnado de 4º da ESO e Bacharelato.
Luís Liz Marzán e Noam Chomsky, dous dos homenaxeados no día da Ciencia en galego
Igaciencia nos XXI Encontros para a Normalización Lingüística
Na Biblioteca do Gaiás, na exposición realizada no marco dos XXI Encontros para a Normalización Lingüística, pódense ver os dous carteis que presentou Igaciencia para responder á solicitude da organización dos encontros:
-Cartel do Día da Ciencia en Galego que, á súa vez, recolle os carteis emitidos con ocasión das 10 edicións que levamos participando e promovendo.
- Cartel no que reflectimos unha mostra das distintas actividades que se desenvolven habitualmente en Igaciencia.
A continuación engadimos algunhas imaxes.