Ciencia en Galego

Apuntádevos as ideas de vídeos e textos de Astronomía

Enviado por admin o Mér, 10/09/2024 - 22:55

Que tal vos parece facer un pequeno vídeo en galego explicando algún dos seguintes exercicios sobre Astronomía?

1.       Número de átomos do Sol. Como exemplo unha solución a tedes no vídeo https://www.youtube.com/watch?v=N3XrKKkbdD8 ou no vídeo https://www.youtube.com/watch?v=QTOkXT8CNrI

2.       Que pasa se deixas caer un vaso grande de plástico con 2 buratos preto da base, e cheo de auga en 2 casos a)tapando os buratos cos dedos antes de soltar o vaso b)sen tapalos cando se solta. Porqué?

Videoconferencias do mes da Ciencia en Galego (novembro 2024)

Enviado por admin o Mar, 09/10/2024 - 13:59

Iremos poñendo aquí, proximamente, as propostas de relatores e relatoras destas videoconferencias, que se realizarán en novembro de 2024, sobre a temática de Astronomía.

Se queredes inscribir xa ao voso centro, ser dos primeiros en facelo, ou  poñer a o voso centro como creador da videoconferencia, ou mesmo realizar unha persoal, podedes ir inscribíndovos para que poidamos poñernos en contacto con vós, e  organizar a infraestrutura necesaria para as emisións.

Como foi a conferencia do 4 de novembro en Lugo

Enviado por admin o Mar, 12/05/2023 - 16:36

Na web da Vicepresidencia de Lugo https://www.deputacionlugo.gal/es/node/80187

Vicepresidencia da Deputación de Lugo acolleu no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a conferencia “Mulleres, ciencia e tecnoloxía: unha historia interminable”. No marco da programación con motivo do día da Ciencia en Galego, Igaciencia organiza esta actividade destinada a estudantado de educación secundaria co obxectivo de dar a coñecer a relación entre ciencia, mulleres e tecnoloxía.

Etiquetas

Videoconferencias do Mes da Ciencia en Galego 2023

Enviado por admin o Sáb, 09/16/2023 - 17:58

Despois do éxito das Videoconferencias promovidas por Igaciencia polo Mes da Ciencia en Galego 2020, 2021, e 2022 que superaron cada ano os 8000 espectadores, dos centros educativos e público en xeral, estamos obrigados a repetir o esforzo no 2023, cunha serie de videoconferencias dirixidas aos centros educativos galegos, especialmente aos de secundaria.