Congreso de Software Libre

Congreso homologado pola Consellería de Educación

Enviado por admin o Mér, 05/30/2012 - 16:32

Congreso homologado pola Consellería de Educación

O día 29 de maio a Consellería de de Educación homologou provisionalmente  por 16 horas o I Congreso de Software Libre

O 70% dos asistentes deben ser profesores do ensino público ou concertado. O 30% restante poden ser parados, da privada, etc..

Novos relatorios do Congreso de Software Libre

Enviado por admin o Sáb, 05/12/2012 - 16:32

Pablo Nimo Liboreiro e Xosé Luis Barreiro Cebey (Asesores da Consellería de Educación) Metodoloxía copyleft no proxecto Abalar

Luis Alberto Fernández (Agasol) "Software libre no centro educativo dixital” (sobre Abalar)

Enrique Estévez Fernández, tradutor de Mozilla ao galego.e Miguel Branco (Trasno) "Localización de Software Libre ao galego" .Presentación do traballo de tradución ao galego de Trasno

Solicitude de IGACIENCIA á DXPL

Enviado por admin o Sáb, 05/12/2012 - 16:32

Dado que a DXPL uniuse á conmemoración do día da Ciencia en Galego, solicitouselle axuda para esta celebración. Ainda que asistiron a unha reunión a contestación do día 10 de maio foi " non hai cartos e hai crise"

Solicitámoslle, desde IGACIENCIA,  o financiamento da traducción de software libre científico ao galego e o mesmo " non hai cartos e hai crise"

Propúxoselle entón a traducción do sistema operativo Android (para móbeis, TV...) ao galego e dímoslle as razóns que o farían desexable e conveniente. Contestación " o estudaremos"

Máis integración do alumnado coa tecnoloxía e menos troncais e prohibicións

Enviado por admin o Lun, 05/07/2012 - 16:32

Aprender co potencial de aparatos móbeis

En 2020 a principal vía de conexión a internet serán os móbeis

Os estudantes usan eses aparatos para construír significado para o seu mundo arredor, non debería equiparse a cada un deles dun aparato móbil para o seu aprendizaxe? Ou ben, deberíamos prohibirlles os seus móbeis e PADS?