Conferencia de Ánxela Bugallo sobre Isidro Parga Pondal, organizada por Igaciencia

Submitted by admin on Wed, 11/18/2015 - 16:32

No IES Menéndez Pidal de Zalaeta, en A Coruña o 18-11, celebrouse unha conferencia de Ánxela Bugallo, profesora da Facultade de Formación do Profesorado da Coruña, organizada por Igaciencia, sobre Isidro Parga Pondal co motivo do dia (mes) da Ciencia en Galego. A conferencia, moi interesante, destacou a Isidro Parga Pondal como o modelo de galego ao que non hai barreiras impostas que lle impidan progresar, máis que os sufrimentos e represalias que sufreu (como vén sendo habitual).

Inauguración da exposición "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" no Museo Provincial de Lugo

Submitted by admin on Sat, 11/14/2015 - 16:32

O día 16 de novembro, luns, ás 20 horas inaugurarase a exposición "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" no Museo Provincial de Lugo. Convidámosvos a participar nesta festa da Luz no Ano Internacional da Luz á primeira visita guiada en Lugo. Pero desde o día 14 xa se pode visitar.

Tags

Sensores para todos 2015

Submitted by admin on Tue, 11/10/2015 - 16:32

SENSORES PARA TODOS 2015

Convidámoste a dinamizar e motivar aos teus alumnos e alumnas para que participen no concurso Sensores para todos, que se convoca desde Igaciencia.

De que vai o concurso?

Centrarase en experimentos con sensores con Arduino, Raspberri Pi e Lego.

Tags

Concurso Inventa en Galego (Con App Inventor).

Submitted by admin on Tue, 11/10/2015 - 16:32

Concurso Inventa en Galego (Con App Inventor) 2015


App Inventor é unha forma simple e innovadora de realizar aplicacións funcionais en móbiles e tabletas Android. Estes dispositivos móbiles “intelixentes” xa son de uso común para a maioría dos galegos.

Ver http://appinventor.mit.edu/explore/

 

Unha lección de clase que me molou máis que ningunha outra

Submitted by admin on Sat, 11/07/2015 - 16:32

Un alumno  do  CEIP López Ferreiro definiu así a súa visita á Exposición " A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" na Galería Sargadelos de Santiago. En conclusión, a exposición non só é que sexa abraiante, completa, e integradora de diversos tipos de tecnoloxías, medios e recursos. Senón que ademáis, mola. E mola máis que ningunha outra lección de clase.

https://dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?accion=2&ver=19&nid=20293

Tags

Exposición "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" en Santiago, Lugo e A Coruña

Submitted by admin on Tue, 10/06/2015 - 16:32

As tres exposicións sobre "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" está previsto que se celebren en:

--Santiago, na Galería Sargadelos, do día 3 ao 11 de novembro (do día 4 ao día 10 haberá visitas guiadas).

--Lugo, no Museo Provincial de Lugo, do día 14 ao 29 de novembro (do día 23 ao 27 de novembro hai visitas guiadas).

--A Coruña, no Muncyt, do dia 11 ao día 13 de decembro (só o día 11 haberá visitas organizadas para centros escolares).

Unha breve descrición delas

Tags