Rally sen Fronteiras
Cartel do Rally sen Fronteiras 2015
Sempre é gratificante ver a Cité des Sciencies en Toulouse e participar na Superfinal. Inscríbete
- Read more about Cartel do Rally sen Fronteiras 2015
- Log in to post comments
Éxito dos equipos galegos do Rally en Toulouse
Parabéns a todos os equipos galegos que participaron na Final do Rally sen Fronteiras en Toulouse. Por primeira vez todos os equipos galegos acadaron a posición de gañadores subindo ao podio e recibindo a copa correspondente. Destacamos especialmente ao equipo do IES Lauro Olmo do Barco por acadar o primeiro posto internacional na súa categoría de 3º da ESO. O novo sistema de selección dos equipos mellora de ano en ano os resultados dos nosos concursantes.
Aquí iremos poñendo as fotos dos gañadores
- Read more about Éxito dos equipos galegos do Rally en Toulouse
- Log in to post comments
Gañadores do Rally Matemático e Científico sen Fronteiras 2014
Gañadores da fase centro do Rally
Os gañadores desta fase asistirán á final galega e á entrega de premios o día 28 de marzo na Facultade de Química ás 12 da mañá (ás 11;30 horas os grupos de cuarto) na aula de Bioloxía de dita Facultade...
Os alumnos virán co DNI correspondente. Poden concertarse visitas guiadas coa Facultade de Físicas pola tarde.
Probas de Matemáticas. Finalistas
Rally 2014. Fase centros. Grupos gañadores
|
- Read more about Gañadores da fase centro do Rally
- Log in to post comments
Cartel do Rally 2014
Sempre é gratificante ver a Cité des Sciencies en Toulouse e participar na Superfinal. Inscríbete
- Read more about Cartel do Rally 2014
- Log in to post comments
Novas do Rally 2014 e preguntas máis frecuentes
Novas
Data da proba online nos centros, o día 17 de marzo de 4 a 5 da tarde. Necesítase estar inscrito previamente.
Final galega e entrega de premios e agasallos aos finalistas: 28 de marzo. Cómpre que teñades presente a data porque utilizamos a aula máis grande do campus, a aula de Bioloxía da Facultade de Químicas na que non é doado cambiar de data. Tédeo presente a hora das excursións, viaxes, etc...
Primeiros pasos do Rally sen Fronteiras 2014
Imos describir os pasos a dar polos participantes:
Primeiro, tratar o tema da participación na clase. Elixir grupos de 8 alumnos e alumnas entre os motivados a participar.
Segundo: inscribirse nesta web. Inscríbete aquí
Terceiro preparar aos alumnos
Cuarto: O día 17 de marzo, o día da proba, às 16 horas (un pouco antes) preparar unha aula cun ordenador con conexión á wifi do centro ou á Internet do centro.
- Read more about Primeiros pasos do Rally sen Fronteiras 2014
- Log in to post comments
CPI Progreso de Catoira gaña a Superfinal do Rally Matemático de Toulouse con dous grupos
Por primeira vez nos 21 anos de Rally Matemático en Galicia un centro galego, o CPI Progreso de Catoira, gaña a Superfinal do Rally Matemático de Toulouse en dúas categorías (segundo e terceiro da ESO).
Parabéns aos gañadores e especialmente á profesora de ambos grupos, Margarita Botana Souto. O equipo do rally está moi satisfeito de que as modificacións realizadas nesta convocatoria facilitaran unha mellor escolla, así como de que se confirmara que a participación no rally de ciencias é unha boa vía para chegar, e mesmo triunfar, no rally matemático internacional.