Robótica

Resumo Anual e actividades directas de Igaciencia en Ciencia en Galego

Enviado por admin o Mar, 12/20/2016 - 16:32

Citamos, a modo de breve resumo, as actividades que realizamos en Igaciencia ao longo do ano 2016. Comezamos polo¡a entrega de premios de Sensores e Inventa en Galego en febreiro e polo  Rally Científico e Matemático en marzo e abril, a continuación realizamos o VIII Concurso Galego de Robótica en A Coruña e Vigo e a súa espectacular final (2300 alumnos) e, en maio, os nosos centros quedaron campións na Superfinal do Rally Matemático en Toulouse.

Finalistas do 8º Obradoiro - Concurso de Robótica, 2016

Enviado por admin o Ven, 04/22/2016 - 16:32

Finalistas  que virán á superfinal do martes 26 na sede da Fundación Barrié en Coruña, ás 10 e cuarto da mañá. Entrega de premios e exposición dos mellores traballos ás 13 horas

Estes son os resultados definitivos

CATEGORÍA

CENTRO EDUCATIVO

Profesor/Profesora

Finalistas do 8º Obradoiro - Concurso de Robótica, 2016

Enviado por admin o Lun, 04/18/2016 - 16:32

Unha vez rematada a primeira semana da actividade xa podemos comunicar os grupos Finalistas que poderán acudir á final que se celebrará o martes, 26 de abril, na sede da Fundación Barrié na Coruña. Os segundos clasificados en cada categoría acadan provisionalmente a condición de Finalistas, pois a clasificación definitiva dependerá de se a puntuación que acadaron é superior á conseguida polos segundos clasificados na semana do 18 ao 22 de abril.

VIII Obradoiro e Concurso Galego " A Maxia da Robótica"

Enviado por admin o Mér, 04/13/2016 - 16:32

A MAXIA DA ROBÓTICA.  VIII Concurso Galego de Robótica

 

 

A Fundación Barrié acolle esta semana o VIII Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal participarán preto de 2.335 profesores e alumnos de 62 centros de toda Galicia

 

Obradoiros Vigo: do 12  ao 15 de abril. De 9h a15h y de 16h a 18h

Obradoiros A Coruña: do 18  ao 22 de abril. De 9h a15h y de 16h a 18h

 

Actividades de Igaciencia no Primeiro Cuatrimestre de 2016

Enviado por admin o Ven, 12/04/2015 - 16:32

-Robótica

Para que os centros podan organizar o seu calendario de actividades extraescolares do curso, comunicamos que o Concurso Galego de Robótica celebrarase nas sedes da Fundación Barrié de Vigo e A Coruña os días seguintes:

Vigo do 12 ao 15 de abril na sede de Vigo, Policarpo Sanz 31, 36202 Vigo.

A Coruña, do 18 ao 22 de abril na sede de A Coruña, Rúa Cantón Grande, 9, 15003 A Coruña

Balance Obradoiros de Robótica 2015

Enviado por admin o Sáb, 06/06/2015 - 16:32

Unha edición máis queremos comunicar a nosa satisfacción polo apoio unánime do profesorado expresado tamén a través das enquisas de avaliación. A vosa valoración e loanzas, que compartiremos tamén co equipo de monitores, sen dúbida darannos ánimo para seguir nesta liña.
O noso sincero e efusivo agradecemento a todos os que contribuíron ao éxito da actividade: patrocinio de educaBarrié, equipo de espléndidos monitores e monitoras e confianza e ilusión do profesorado participante.

Datos