Finalistas do 8º Obradoiro - Concurso de Robótica, 2016
Unha vez rematada a primeira semana da actividade xa podemos comunicar os grupos Finalistas que poderán acudir á final que se celebrará o martes, 26 de abril, na sede da Fundación Barrié na Coruña. Os segundos clasificados en cada categoría acadan provisionalmente a condición de Finalistas, pois a clasificación definitiva dependerá de se a puntuación que acadaron é superior á conseguida polos segundos clasificados na semana do 18 ao 22 de abril.